Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete

Afonso Daniel Rodríguez Castelao

Primeira obra narrativa de Castelao, publicada no 1922 na colección Céltiga. Trátase dun conxunto de escenas narradas por un esquelete enterrado nun cemiterio de cidade.

book-cover

Book Description

Primeira obra narrativa de Castelao. Publicada no 1922 na colección Céltiga co subtítulo “Memorias dun esqueleto”. No prólogo diríxese ao lector o propio Castelao, que explica cómo atopou as memorias do esquelete que seguen a continuación. Éstas son unha serie de secuencias narrativas que non gardan outra unidade que a de estaren contadas por un mesmo narrador (o esquelete, que lembra sucesos da súa vida pasada) a dous colegas do cemiterio, percibidos a través da prótese de vidro que lle tapara, de vivo, o oco dun ollo perdido. A temática de ultratumba xa fora abordada por Risco con tratamento semellante do humor negro, pero hai nesta obra, coma no resto de obras de Castelao, unha dose de tenrura inusual no mestre ourensán. É ben significativa da súa concepción do humor a súa cita de Mark Twain inserida por Castelao no inicio do libro. Este humor de Castelao non é alleo á sátira social de carácter anticaciquil:

Quixen saber quen fora o vampiro no mundo dos homes e fun ler o seu nome de bronce no rico mármore da campa. O seu nome só abondoume: fora unha canalla que roubara para dar regalía ao seu bandullo de porco; dono da xustiza, roubaba desde a súa confortable casa. Para qué dicir máis? Era… era un cacique!

No epílogo do relato, Castelao diríxese novamente ao lector e promete, como continuación destas memorias dun cemiterio de cidade, unha segunda parte na que o escenario sería un cemiterio rural. Para iso leva o ollo de vidro a un seu amigo enterrado no adro dunha igrexa co mandado de que lle escriba canto vexa polo ollo. Non publicou tal continuación.

Afonso Daniel Rodríguez Castelao

Nado en Rianxo o 30 de xaneiro do 1886, no seo dunha familia mariñeira. Seu pai enriqueceu na emigración: instalara na Pampa unha especie de taberna que axiña se converteu nun importante centro comercial. Naquelas terras arxentinas viviu Castelao dos dez aos catorce anos; a vida da Pampa e da emigración deixaron fonda pegada no Read more »